Carpintería Rodeiro

portas, armarios, tarimas, cociñas, pasamáns, porches, escaleiras, restauración de mobles

A Carpintería

Benvidos á nosa nova web, onde poderán atopar información completa acerca do que Carpintería Rodeiro pode facer por vostede.

Facemos realidade dende os deseños máis clásicos ata os máis innovadores para adaptarnos a calquera espacio e estilo.

Proporcionamos asesoramento en temas técnicos, de deseño e na elección dos materiais mais axeitados sempre con materiais de alta calidade e durabilidade.

Estamos especializados na fabricación e montaxe de cociñas, mobles e armarios a medida, tarimas, portas, fiestras, escaleiras, pasamáns, teitos, porches, forxados de madeira ...

Realizamos todo tipo de traballos en carpintería estándar e personalizada, cos nosos propios deseños ou os que o cliente precise.

Ademáis tamén nos adicamos a traballos de restauración de todo tipo de mobles e traballos de ebanistería con todo tipo de acabados, vernices e os mellores tratamentos anticarcoma.

Todo será axustado á súa medida, terá un deseño único a prezo razoable.

Traballamos para ofrecer ós nosos clientes a máxima calidade. Non dubide en solicitar presuposto sen nengún tipo de compromiso.